martes, 11 de mayo de 2010

las anfetaminas


A anfetamina ou d, l-anfetamina é unha droga que se considera un axente adrenérxico sintético, potente estimulante do sistema nervioso central. A dexanfetamina (dextro-anfetamina), xorde da separación do composto racémico (d, l-anfetamina) nas súas dúas configuracións ópticas posibles, e a extracción daquela que corresponda ó isómero óptico dextróxiro. A expresión anfetaminas (forma plural da anterior) ten dúas acepcións posibles. A máis restrinxida, refírese á tríade formada polas substancias: anfetamina, dexanfetamina e metanfetamina. A outra connotación, aínda máis xeral alude tamén aos estimulantes tipo-anfetamina (ATS: acrónimo inglés de Amphetamine-Type Stimulants). Os ATS son a familia farmacolóxica integrada por compostos con estrutura química análoga ou derivada da molécula de anfetamina, con propiedades clínicas semellantes, e con grao de actividade farmacolóxica (potencia) comparable. Esta acepción é máis frecuente, e é a que imós empregar neste artigo (a non ser que se indique o contrario). Habilita para incluír tamén no grupo das anfetaminas a estimulantes como o metilfenidato (análogo estrutural) e o dexmetilfenidato; e a derivados químicos con propiedades entactóxenas, como o MDMA; e anorexíxenas, como o fenproporex, o dietilpropión (anfepramona), a afentermina, a benzfetamina, a fendimetrazina, sendo estas últimas as de menor potencia relativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario